Toma un café co EDLG!

 



Para comezar ben este curso, queremos coñecerte! Ven tomar un cafeciño con nós o vindeiro martes, 3 de outubro, na cociña da EOI. Falaremos das actividades do EDLG, intercambiaremos ideas e faremos plans para o curso. 

Se queres saber quen somos e que facemos, se queres formar parte do noso equipo, se queres falar un chisco en galego ou se só queres tomar un café e un doce con xente agradable, non o dubides! Baixa ata a cociña da EOI entre as 18.30 e as 19.30 e alí estaremos. Agardámoste!


Comentarios