Día Europeo das Linguas


 

Dende o 2001, por iniciativa do Consello de Europa, o 26 de setembro celebramos o Día Europeo das Linguas. É unha oportunidade para lembrar que as linguas son parte fundamental do noso patrimonio histórico e cultural e que a diversidade lingüística nos enriquece.

Non deixes de botarlle un ollo aos estupendos recursos que ofrece o Consello de Europa na súa páxina web:

https://edl.ecml.at/Home/tabid/1455/language/gl-ES/Default.aspx


E co gallo deste día, o Centro Ramón Piñeiro publica hoxe GALITA, o primeiro dicionario bilingüe galego-italiano en liña. O dicionario, realizado coa colaboración da catedrática emérita da USC Isabel González, conta con 20.000 entradas e está dispoñible na web do Centro:

http://bernal.cirp.gal/ords/galita/r/galita/inicio


Comentarios