Portada Muda Nº 8

 


Ímonos achegando ao remate do noso reto... A portada de hoxe corresponde a un clásico do teatro en galego. Foi escrita no exilio por un dos nosos autores máis queridos e levada ao escenario en incontables ocasións desde a súa primeira representación en agosto de 1941. Coñécela? 


Os amores de anciáns e rapazas, un tema popular para unha farsa de gran influencia no teatro galego. Preparada por Manuel Rosales, [...] é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de [...], que logrou plasmar nesta peza un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Pedra angular da literatura dramática galega, a popularidade desta fermosa obra non deixou de medrar desde a súa estrea en Bos Aires no ano 1941. (Fonte: Editorial Galaxia)

 

Comentarios