Portada Muda Nº 6

 


Atravesamos o ecuador do noso reto das Letras Galegas e comezamos a semana coa portada número 6. Esta vez trátase dunha edición actualizada dun clásico publicado en 1989 que xa foi reeditado máis dunha ducia de veces... Sabes cal é? Aquí vai unha pista:

O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas.
Novela de humor e de amor, de aventuras e de tenrura, homenaxe ós antigos mesteres da narrativa cabaleiresca e medieval que o autor tan ben coñece, traductor de Dante "A divina comedia" e de Petrarca "Cancioneiro" entre outros textos. A palabra na súa medida xusta, o idioma en todo o seu frescor e galanura, a imaxe lírica ben medida para que non apague a historia senón que a potencie e enleve. Estas son as artes e as sabedurías de [...]

Non esquezas ir anotando o título e o autor ou autora de cada obra. Ao remate desta semana publicaremos o cuestionario. Se as identificas todas correctamente, participarás no sorteo! 

Comentarios