Hoxe, para celebrar o Día das Letras Galegas, temos a portada dunha obra moi especial, que homenaxea a Francisco Fernández del Riego no día que el mesmo axudou a crear... Sabes cal é?
Aquí vai unha axudiña:
Despois de "Cantares gallegos" (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, [...] dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con [...]. O seu lirismo intrasubxectivo e radical, lonxe do romanticismo convencional, a novaflexión realizada da alegoría nacional de Galicia e a renovada concepción estética e autónoma do feito literario acaban por selar o vigor da literatura en galego e testemuñan a apertura de horizontes do proxecto que [...] lideraba. Todo fai que [...] sexa considerada unha das grandes referencias da poesía galega de todos os tempos.
Non esquezas consultar todas as actividades organizadas para este día e os excellentes recursos na páxina web da Real Academia Galega.
Feliz Día das Letras!
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario