Exposición Día das Letras Galegas

 


A partir de hoxe xa podemos ver na EOI os dez carteis informativos sobre Francisco Fernández del Riego elaborados polo alumnado do IES Castelao de Vigo. Atópanse na subida cara ao segundo andar. Bótalles un ollo! Tamén podes consultar a exposición completa e unha guía didáctica en formato pdf nas seguintes ligazóns:

Carteis Letras Galegas

Guía Didáctica

Así mesmo, se queres saber máis, non perdas o documental sobre a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego elaborado pola produtora Amarola para a Xunta de Galicia. Atoparalo tamén no Portal da Lingua Galega. 


E agora si que xa estamos preparadas para celebrar o Día das Letras Galegas con coñecemento de causa!

Comentarios