Queres que che recomenden un libro en galego?

 


Onte celebramos o Día do Libro, coas librerías abertas mesmo en domingo para podermos escoller o libro perfecto. E ti? Xa sabías cal querías? Ás veces, non é doado escoller. Por iso hoxe buscamos a axuda dos bookstagrammers galegos... 

Non sabes quen son? Pois son lectores e lectoras empedernidas que ademais nos recomendan as súas obras favoritas en Instagram. Para mostra, un botón:

@surfeandolibros

@littera_lupa

@palabradegatsby

@delibrosalibres


Atópaos en Instagram e déixate convencer! E se coñeces algún ou algunha máis, escríbenolo nos comentarios.

Por certo, non esquezas participar non concurso Bookface. Tes ata o 30 de abril!


Comentarios