Finalista do Concurso Lingua de Namorar 2023

 


Este texto, escrito por Iria Cebreiros Trigo, alumna de C2 de galego, é unha das 6 mensaxes finalistas do Concurso Lingua de Namorar 2023. Parabéns, Iria!

É un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e máis pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, co obxectivo de dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, como a Internet e a mensaxería instantánea

Entra na seguinte ligazón e dálle un "gústame" para que Iria sexa a gañadora! Tes ata o 16 de abril.

https://www.instagram.com/p/Cq3yj1Qh9fC/?igshid=YmMyMTA2M2Y=

Comentarios