Volve aRi[t]mar!

 



Ata o 27 de marzo está aberto o prazo para votar en liña a mellor canción galega e portuguesa do ano 2022. Trátase do proxecto aRi[t]mar, promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Como sabedes, esta iniciativa busca divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous territorios. 

Escoita unha versión reducida das cancións finalistas neste vídeo:

 


Para escoitalas todas, coñecer mellor a iniciativa e votar, vai á web de aRi[t]mar: https://aritmar.gal/



Comentarios