Comparte o Entroido!

 


O Entroido arrancou xa en todos os recunchos da provicia. Hoxe, aldeas e vilas celebran o Xoves de Comadres, esta fin de semana haberá troula día e noite, e a festa non rematará ata o Enterro da Sardiña o vindeiro mércores... ou máis alá, se aínda che quedan folgos para o Domingo de Piñata!

E ti? Non vas gozar do Entroido? Claro que si! Queremos verte co teu mellor disfrace! Fai unha foto e súbea ao Padlet do EDLG:

  • Escribe o teu nome, o lugar e a data onde fixeches a foto.
  • Cóntanos algo sobre a imaxe: con quen estás, de que ides vestidas, por que escollestes ese disfrace, que estades a cantar...
  • Non escribas máis de 50 palabras. E faino en galego, por suposto!
  • O prazo remata canda o mes do Entroido, o 28 de febreiro.
  • Sortearemos un vale de 30 euros para unha libraría local entre todas as fotografías participantes.

Aquí tes a ligazón e o código QR do Padlet: 

PADLET DE ENTROIDO 2023


Estamos desexando verte! Feliz Entroido!


Comentarios