23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

 



No Día de Rosalía, queremos lembrar o labor da Fundación Rosalía de Castro, unha institución creada hai máis de 70 anos para preservar e difundir a obra da escritora. Ten a súa sede na Casa da Matanza, en Padrón, na que Rosalía viviu os últimos anos da súa vida e que agora é un museo. A casa acolle numerosas iniciativas culturais e académicas ao longo do ano e, por suposto, organiza un amplo programa de actividades para conmemorar o Día de Rosalía. 

Un dos proxectos no que todas podemos participar é o "Caldo de Gloria", unha actividade que xorde do poema “Miña casiña, meu lar”, no que a poeta explica como facer un caldo humilde ao tempo que relata a loita diaria pola supervivencia. Consulta esta ligazón para participar:

 
E coñece todas as actividades da Fundación na súa web:


O día de Rosalía celébrase tamén con multitude de actividades en vilas e concellos. Podes atopar moitas delas neste artigo da web culturagalega.gal:


E para rematar, canto sabes ti de Rosalía? Pon a proba os teus coñecementos rosalianos neste xogo creado polo profesor Carlos Medrano:

Comentarios