Teresa Cuíñas e Pepe Cunha, na exposición CantáMOLA en galego, na pontevedresa praza de Ourense © Belén Capicúa
Non deixes de dar unha volta polos corredores da EOI e botarlle un ollo aos paneis da exposición CantáMOLa en galego. Que artistas coñeces? A quen che gustaría escoitar? Atopa todos os recursos multimedia na entrada anterior do blog. E se queres saber moito máis sobre a orixe e o contido da exposición, podes ler esta ampla reportaxe no xornal Praza.gal:
CantáMola en galego: unha exposición para un fervedoiro de músicas actuais
E se xa coñeces ben a exposición, aquí vai unha lista de 13 discos novos que se publicaron en decembro de 2022, como o novo traballo de Guadi Galego, Roibén. Non os perdas!
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario