II Concurso de Microrrelatos Espantosos

 


Achégase a noite máis aterrecedora do ano e para celebrala, o EDLG convoca o II Concurso de Microrrelatos Espantosos. Imaxina unha historia terrorífica: podes inventala completamente ou baseala nos innumerables contos de meigas e espíritos que poboan a tradición galega. Escríbea en 150 palabras ou menos, en galego, por suposto! E para rematar, envíaa ao correo do EDLG antes do día 4 de novembro. Podes gañar un vale de 30€ para gastar nunha librería local.

edlg.eoiou@gmail.com

Precisas inspiración? Velaquí tes Contos de medo do museo, catro relatos escritos por Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Xosé A. Neira Cruz e Antonio Reigosa e ilustrados por Javier Huerga García para o Museo Provincial de Lugo. O museo nunca volverá ser o mesmo!

Contos de medo do museo

Comentarios