Esta tarde no Club de Conversa xogamos ao Vacaloura. Coñeces este xogo de mesa? Deseñouno a empresa galega OzocoGZ, do Carballiño, e ten un formato similar a outros xogos de preguntas e respostas, como o Trivial, coa particularidade de que todas as preguntas (e son máis de 2000!) son sobre cuestións lingüísticas en galego.
Pero non te vaias asustar... Os creadores do xogo aseguran que é apto tanto para galegofalantes coma para persoas que comezan a achegarse á nosa lingua. Ven aprender, practicar e mellorar os teus coñecementos do galego dun xeito ameno e divertido.
Lembra, o Club de Conversa reúnese todos os luns de 18.00 a 19.00 na Aula 12. da EOI. Agardámoste!
Pícache a curiosidade? Aquí tes unha entrevista co fundador de OzocoGZ en Nós Diario e máis a ligazón á descrición do xogo.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario