Tes curiosidade por saber quen somos e que facemos? Vén coñecernos! Haberá unha reunión informativa para toda a comunidade educativa o vindeiro martes, 27 de setembro, ás 20.00 horas na Aula 18
Coñecerás ás persoas que formamos parte do EDLG como docentes, aprenderás algo máis sobre os nosos obxectivos, terás información privilexiada sobre as actividades que temos pensado organizar ao longo deste curso e mesmo poderás darnos a túa opinión. Se che interesa moito, ata te poderás unir a nós! Non o perdas!
Vémonos o martes 27 ás 20.00 horas na Aula 18.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario