Letras Galegas 2022: Coñeces a Florencio Delgado Gurriarán?

 


A figura de Florencio Delgado Gurriarán, escollida este ano pola Real Academia Galega para adicarlle o Día das Letras Galegas, pode non ser moi coñecida para algunhas de nós. Poeta nacido na terra de Valdeorras e exiliado en Mexico despois da Guerra Civil, tivo un papel destacado nos movementos políticos e literarios dos emigrantes galegos nese país, onde desenvolveu unha intensa actividade a favor da lingua e da cultura galegas. 

Se queres saber máis sobre el, bótalle un ollo á exposición de carteis publicados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que se atopa na subida ao primeiro andar da EOI. Velaquí o primeiro cartel:


Tamén podes ver a exposición completa nesta páxina: 

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=6740280&name=DLFE-24409.pdf

Ademais, atoparás unha enorme variedade de material audiovisual sobre Florencio Delgado Gurriarán na páxina web da Real Academia Galega:

https://academia.gal/letras-galegas/2022/florencio-delgado-gurriaran 

Anímate a coñecelo mellor. Axiña poderás participar nunha actividade organizada polo Departamento de Galego e polo EDLG para celebrar o Día das Letras Galegas. De momento, deixámolo aí... Achégate ao blog a vindeira semana para saber máis!

Comentarios