O día despois de celebrar as Letras Galegas, despedimos con fondo pesar a Domingo Villar, un dos nosos autores máis internacionais.
Hai algo máis dun ano, o autor de A praia dos afogados, Ollos de auga e O último barco compartiu unha tarde de tertulia coas persoas que formamos parte do Club de Lectura e do EDLG. Quedamos todas gratamente sorprendidas pola súa afabilidade, bo humor e enorme xenerosidade á hora de falar do seu traballo e da súa vida.
Parte del perdurará entre as páxinas das súas obras. Ata sempre, Domingo Villar!
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario