Información importante sobre o concurso para deseñar o logo do EDLG

 



O Xurado encargado de valorar as propostas para o deseño do logo de Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas de Ourense decidiu declarar o premio deserto e establecer unha ampliación do prazo para presentar propostas ata o día 20 de maio.

O Xurado agradece profundamente o traballo de todas as persoas participantes e convídaas a volver presentar as súas propostas. Faise fincapé na importancia de respectar o primeiro punto das bases do concurso:

1.  Obxecto do concurso

Deseñar un logotipo destinado a ser a imaxe institucional do Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola OficiaI de Idiomas de Ourense, en toda a difusión de información sobre o mesmo a través da páxina web e doutros documentos.


O logo, por tanto, debe representar especificamente ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas de Ourense. 

Non se trata de deseñar o logo da Escola nin o logo do conxunto dos Equipos de Dinamización, senón de crear un logo propio que represente especificamente ao EDLG da nosa Escola.


Aquelas propostas xa presentadas que se axusten ao obxecto do concurso volverán ser tidas en conta polo xurado. 


Todas as persoas participantes poden modificar a súa proposta ou enviar unha proposta nova que se axuste a estes requisitos.


Calquera persoa que non participara no concurso no primeiro prazo poderá facelo neste prazo extraordinario ata o 20 de maio.


As propostas enviaranse ao enderezo de correo electrónico do EDLG: edlg.eoiou@gmail.com

Pódense consultar as bases orixinais do concurso aquí.


Moitas grazas de novo a todas as persoas que estades a participar neste proceso!


Comentarios