Música para o Día da Muller: Mulleres da Galiza

 


MULLERES DA GALIZA é o primeiro sinxelo do albúm "Verbas do Monfadal", unha escolma de poemas musicados do poeta galego Luciano do Monfadal, que verá a luz a mediados deste 2022.

É unha homenaxe a tódalas mulleres galegas que sempre estiveron, están e estarán loitando pola nosa terra, pola nosa cultura e pola nosa língua. Poñen a súa voz neste tema unhas grandes artistas galegas, de diferentes formacións e estilos musicais, que quixeron aportar o seu grao de area para que estas verbas, adicadas as mulleres da Galiza, poidan chegar as novas xeracións e espallarse polo mundo adiante. Elas son: - ZARAIDA (Maskarpone) - AIDA (Cuarta Xusta) - LUCÍA (The Tetas' Van) - JANA (Liska!) - LORENA (The Tetas' Van) - CHÍO (A Requinta da Laxeira) - ALEXANDRA PÉREZ - NEREA IGLESIAS (Sound Sisters) - ELENA (Charabiscas e A Carballeira de Cercio) - NEREA (Charabiscas e A Carballeira de Cercio) - PATTY CASTRO (Mulleres Galegas Kañeras e Raíñas) - XULIA (Ruxe-Ruxe) Letra: Luciano do Monfadal Música: Lolo Arincón e Paco Montoto Gravado, mesturado e masterizado nos estudios Xonix Records (A Bandeira) Producido por Lolo Arincón e Paco Montoto Dirección musical: Paco Montoto
(C) 2022 Xonix Records

Parabéns á nosa profe de inglés, Lucía Gil!

Comentarios