Chegan as Pitas das Eiroás á EOI!

 


As Pitas das Eiroás achegáronse hoxe á EOI para recoller as olas que pintamos e que se van xogar o vindeiro domingo 20, o Domingo Oleiro, na praza das Eiroás. É unha mágoa que vaian escachar, porque quedaron verdadeiramente preciosas! Moitas grazas a todas as artistas que participaron na súa decoración. E moitas grazas a Lois e á asociación Festa da Pita por compartir a súa historia e o seu Entroido con nós!



A EOI xa é Escola Amiga da Pita das Eiroás. E ti? Queres participar no seu Entroido? Entérate de todas as novidades da Festa aquí:

https://festadapita.wordpress.com/

Comentarios