Chega o Entroido: Participa na Festa da Pita!

 




Este ano a EOI convértese en "Escola Amiga" da Festa da Pita das Eiroás, unha festa tradicional de Entroido na cidade de Ourense. Iso significa que temos a sorte de participar en tres actividades aquí mesmo, sen saír do noso centro:

1) Charla sobre a orixe e tradicións da Festa da Pita, impartida por Lois Pardo, membro da Asociación Festa da Pita. Será o martes 15 de febreiro ás 18.00 horas no salón de actos.


2) Obradoiros para pintar as olas (recipientes de barro) que escacharán o Domingo Oleiro na praza das Eiroás. Haberá dúas sesións: mércores 16 ás 11.00 e xoves 17 ás 19.30. Apúntate na Conserxaría (é preciso apuntarse para respectar os límites de aforo).


3) Recollida das olas: venres 18 de febreiro ás 12.00. Virá unha Pita vestida co traxe tradicional recoller as olas que pintemos. É unha ocasión especial, porque é a primeira vez que sae a Pita antes do Domingo Oleiro!


Queres saber máis sobre a festa? Visita o blog da asocciación Festa da Pita: 

Este é o cartel deste ano, feito polo deseñador gráfico e ilustrador Rober:




Comentarios