Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega

 


A Real Academia Galega e a asociación PuntoGal organizan o seu quinto concurso de microrrelatos. Os relatos, escritos en galego, terán unha extensión máxima de 200 palabras e poden presentarse ao longo do mes de febreiro. Anímate a participar! Consulta as bases do concurso e toda a información sobre categorías, premios e xurado na páxina web https://relatos.gal/ 


E falando de literatura, non perdas esta fermosa obra de Tamara Baz Alonso, realizada ao abeiro do Fondo de proxectos cuturais en linga galega Xacobeo 2021-2022: 

Eu tamén navegar
As mans esquecidas na literatura infantil e xuvenil galega

Está publicada en liña en dous formatos: un libro-álbum e un calendario ilustrado do ano 2022. O álbum recolle as vidas e obras de 12 autoras galegas pioneiras da literatura infantil e xuvenil que destacaron polo seu labor a favor da igualdade de xénero, xunto con evocadoras ilustracións. O calendario de parede dedica cada mes a unha das autoras e está ilustrado coa imaxe creada para cada unha delas. Podes ver ámbalas dúas obras na seguinte páxina do Portal da Lingua Galega:





Comentarios