Camisetas solidarias do EDLG xa á venda!

 


Achégase o Nadal, tempo de compartir e agasallar. O EDLG deseñou unha camiseta solidaria para celebrar estas datas. O lema da camiseta ten moito que ver coa EOI: Vives outra vida por cada lingua que falas, escrito en galego e traducido a todas as linguas que se ensinan no noso centro. Cada camiseta custa 10 euros e os cartos recadados doaranse integramente ao Banco de Alimentos.

As camisetas estarán á venda na entrada da EOI todas as tardes desta semana de 15.45 a 17.15. Despois desa hora, se non estamos alí, pasa polo Departamento de Galego. Polas mañás, poderanse mercar o martes e o venres de 12.00 a 13.00 e o xoves de 10.00 a 11.00. Son ben chulas! Ven buscar a túa e... a quen lle vas regalar outra?

Moitas grazas pola túa colaboración!




Comentarios