II Concurso de Fraseoloxía e Imaxe de Outono


Por segundo ano consecutivo, o EDLG organiza o concurso de Fraseoloxía e Imaxe de Outono "Castañas de Ouro." É a nosa maneira de festexar esta fermosa época do ano e de homenaxear a enorme riqueza de refráns, ditos e frases feitas que posúe a nosa lingua. Lembras en que consiste o concurso? Aquí está toda a información que precisas:

Escolle un refrán ou un dito en galego relacionado coas castañas, o magosto, o mes de santos ou o outono en xeral.

Explica brevemente, en galego, o significado da frase que escolliches.

Achega unha fotografía orixinal e indica por que che parece unha imaxe acaída para ilustrar esa frase.

Investiga se hai unha expresión similar ou equivalente noutra lingua que se estude na EOI. Se a atopas, inclúea. Se non, atrévete a traducila!

Envía o traballo antes do 30 de novembro a edlg.eoiou@gmail.com.

Non esquezas indicar o teu nome completo e a lingua ou linguas que estudas.

Podes gañar un vale de 30€ para unha libraría da cidade.

 


O refraneiro di "Quen cava no mes de Santos, perde o tempo e o traballo", pero asegurámosche que se participas non concurso, non perderás nin unha cousa nin a outra. Anímate!

Comentarios