Feliz día de San Martiño!

 


Neste día de castañas, chourizos e xuntanzas arredor do lume, propoñémosche un reto. Sabes o que é un souto? Moi ben! Un terreo poboado de castiñeiros. Esa era doada! Agora vai outra un chisco máis difícil: Cantos lugares hai en Galicia que se chaman Souto? E Soutiño, Soutelo, Soutopenedo, Soutoverde, Soutomaior...? Infinidade deles. Agora podémolo saber grazas á aplicación Galicia Nomeada, que podes explorar nesta ligazón:

Galicia Nomeada

Esta aplicación forma parte do proxecto Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, coordinado pola Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ao longo do ano, diferentes concellos acollerán conferencias do filólogo Vicente Feijoo, especialista en toponimia e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega. Ademais, a aplicación permitiralles aos veciños e veciñas rexistrar os microtopónimos do seu concello (os nomes de leiras, camiños, fontes, penedos...), así como as lendas asociadas a eses lugares. Sen dúbida, un bo xeito de salvargardar un enorme e valioso patrimonio immaterial.  Consulta toda a información aquí:

TOPONIMÍZATE!


Por certo, que saibamos, en Galicia hai 3761 lugares chamados "Souto". Incrible!

Comentarios