O EDLG ponse mans á obra... Queres participar?

 


Neste 5 de outubro, Día mundial das persoas docentes, recoñecemos o labor de todas as persoas que traballan no ensino. Parabéns e moitas grazas polo voso esforzo e dedicación!

Pola nosa parte, as docentes que formamos o EDLG xa estamos a traballar nas actividades que nos gustaría organizar ao longo deste curso. Haberá concursos de deseño, de relatos, de fotografía, libros para ler e comentar, actividades solidarias e, se as condicións sanitarias o permiten, quizáis algún espectáculo...

Consulta aquí o noso proxecto.

E ti? Tes ideas? Queres colaborar? 

Envía un email a edlg.eoiou@gmail.com e apúntate!


Comentarios