O Día Europeo das Linguas (DEL) celébrase cada 26 de setembro dende o ano 2001. É unha inicitiva do Consello de Europa para poñer en valor o multilingüismo das súas xentes. A través desta celebración preténdese preservar e potenciar a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa, promover a aprendizaxe permanente de linguas e diversificar a variedade de linguas que se aprenden co obxectivo de incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural. Como vedes, obxectivos que compartimos plenamente na EOI.
Coa ocasión deste día, organízanse unha gran variedade de eventos e actividades en todo o continente. Podes velas na páxina web do Consello de Europa:https://edl.ecml.at/
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario