Cantos na maré

 



Música galego portuguesa para comezar o outono! O documental Cantos na Maré recolle a historia e traxectoria deste festival internacional de música lusófona desde os seus comezos no ano 2003 ata o 2020. Acaba de presentarse agora, na edición máis recente do festival, que se celebrou en Santiago do 23 ao 26 de setembro. 

O documental percorre a evolución do festival Cantos na Maré por medio de entrevistas e actuacións de músicos chegados a Galicia desde lugares a tan afastados e tan próximos como Cabo Verde, Angola, Brasil, Mozambique, Guinea Bissau e Portugal.



Foi financiado coa axuda do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21 e producido por Nordesía, Vítor Belho, Paco de Pin e Antonio Martínez. Conta coa dirección artística de Uxía, a dirección musical de Paulo Borges e a dirección Cinemaré de Alfonso Pato.

Comentarios