Letras Galegas 2021... Logo chega o día!

 


A Secretaría Xeral de Política LIngüïstica acaba de publicar no Portal da Lingua as dúas mostras gañadoras do concurso-exposición das Letras Galegas:

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

Na mesma ligazón atópanse outras actividades relacionadas con Xela Arias que se están a realizar nos centros educativos, así como información sobre a exposición "Asinamos ser libres", que percorrerá once localidades ao longo deste ano para dar a coñecer a vida e a obra da autora. 

Pola súa parte, a Real Academia Galega tamén ofrece na súa web unha ampla variedade de iniciativas sobre Xela Arias:

Podemos destacar unha serie documental de seis episodios, A palabra esgazada.


E para os maís pequenos, non deixedes de visitar A primavera das letras:

https://primaveradasletras.gal/





Comentarios