Poema gañador do concurso de redacción MULLER SENTIDA, A MULLER NOS SENTIDOS
de Montse Novoa Gómez
Repelía o medo a súa presenza
Imaxe escura, pano negro
Fíos,
teas contra a miseria
Costureira
Herdei palabras milenarias
Sorna, refráns, cantigas, lingua eterna
Barricadas de cor contra o
esquecemento
Pan, suor e bágoas na artesa
Mamá Hermelinda, muller eterna,
Mentres busco palabras para
lembrarte, esquezo a dor da túa ausencia
Tes que
lle escribir a madriña. Na Arxentina recibiron a carta. Xa es unha moza
Palabras para habitar, para
facermos a casa cos rostros que nunca foron
Doce de leite, arepa, filloa
Fálame do vestido que che fixo a
avoa, nai
Dos anos da fame e a ausencia de
escola
A lixivia na madeira anunciaba o sábado
Pan
e leite para o almorzo
Torradas
con azucre na merenda
Ule, alá vai a Carmiña cos
pexegos
Arrecende a outono
Casa, nai, avoa
Mulleres, preludio de min mesma
Estarrecedora imaxe a do tempo sucando regos na desmemoria
MONTSE NOVOA GÓMEZ
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario