Concurso de Redacción: Muller sentida, a muller nos sentidos

O EDLG convoca un concurso de redacción para conmemorar o Día da Muller. Queremos lembrar as mulleres que marcaron as nosas vidas escribindo sobre elas dende os sentidos. Olen a lavanda, a xabón da Toxa, a traballo? Saben a mel, a filloas, a xantar de domingo? A pel grosa, a tea fina dunha saia, o colo morno. A voz cantaruxeira, o tintineo dunha cadeíña, os tacóns no corredor... 

Escribe os teus recordos en prosa ou en verso, cunha extensión máxima de 150 palabras, e envía o texto ao correo do EDLG antes do 31 de marzo: 

edlg.eoiou@gmail.com

O noso equipo de redactoras axudarache a editalo para publicalo neste blog. Participa! Podes gañar un vale de 30 € para mercar nunha librería da cidade.







 

Comentarios