Vai frío... Dígocho eu!



Aproveitamos que vai un frío que pela para presentarvos a Esther Pérez Casado e o seu programa "Dígocho eu!", que nos axuda con humor e rigor a falar galego correctamente. Neste caso, o que nos di é que cos fenómenos meteorolóxicos debemos empregar o verbo ir, e non o verbo facer. Podedes seguir a Esther na web da CRTVG, pero tamén ten decenas de miles de reproducións en You Tube e en Tiktok. O galego arrasa nas redes!

E agora que rematou o CONCURSO DE RECEITAS DE NADAL e estamos a piques de anunciar a RECEITA GAÑADORA, aquí vos deixamos tres programas para cociñar en galego.Bo proveito!


 





Comentarios