É tempo de Entroido!

 


Aínda que as rúas silenciosas e baleiras nos fagan pensar outra cousa, estamos en tempo de Entroido. Para non esquecelo, presentamos a nova canción do grupo ourensán Os amigos dos músicos. 

A canción acompaña o novo libro sobre o entroido de Ramón Veiga e David Sierra, 'Non pare a festa', editado por Xerais. O libro, dirixido ao público infantil, é unha continuación de 'É tempo de entroido' (Xerais, 2018), onde a música a puxera Isabel Fernández Reviriego. Agora, Os Amigos dos Músicos son os encargados de facernos cantar mentres descubrimos os debuxos de David Sierra. 

A canción e o libro forman un percorrido polos diferentes lugares do Entroido galego. O boteiro de Viana, a gárgola de Celanova, o vellarrón de Riós ou a peliqueira das Teixugueiras son algunhas das coloridas personaxes que estarán presentes nestre Entroido a través da música e das ilustracións, dado que non poderán encher as nosas rúas de cor e balbordo coma outros anos.

E lembra que ti tamén podes colaborar para manter o Entroido vivo este ano. Colga unha fotografía de Entroido aquí e participa no sorteo dun agasallo típico destas datas.

Comentarios